Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 8 de xuño de 2017

Ñ DE MAIMIÑO


Sabemos o nome dos dedos da man grazas a unha canción que nos gusta moito aínda que nos custa buscar o dediño que toca para que saia a saudar:

Dedo maimiño, dedo maimiño, onde estás?
Estou aquí!
Gusto en saudarte, gusto en saudarte,
xa me vou, xa me vou.

O seu veciño, o seu veciño, onde estás?
Estou aquí!
Gusto en saudarte, gusto en saudarte,
xa me vou, xa me vou.

Pai de todos, pai de todos, onde estás?
Estou aquí!
Gusto en saudarte, gusto en saudarte,
xa me vou, xa me vou.

Furabolos, furabolos, onde estás?
Estou aquí!
Gusto en saudarte, gusto en saudarte,
xa me vou, xa me vou.

Matapiollos, matapiollos, onde estás?
Estou aquí!
Gusto en saudarte, gusto en saudarte,
xa me vou, xa me vou.

Toda a familia, toda a familia, onde estás?
Estou aquí
Gusto en saudarte, gusto en saudarte,
xa me vou, xa me vou.






Ningún comentario:

Publicar un comentario