Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 25 de abril de 2014

CUMPLES DE ABRIL



4, 5 e 6! Este mes tivemos un cumple de cada idade así que a tarta saíu máis que saborosa ao combinar a experiencia dos maiores e a ilusión de facer a súa primeira tarta da reposteira máis pequeniña. A profe non puido nin probala porque todos querían repetir! Despois, festa rachada e peli (xa que o tempo non acompañou e non puidemos saír ao patio). Parabéns mociños e boa fin de semana!









mércores, 23 de abril de 2014

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO



Hoxe celebramos o día do libro dun xeito moi especial. Despois do recreo chegaron Montse e Jose cargadiños de sorpresas: disfraces, títeres, contos, guitarra eléctrica e cancións... que fixeron as delicias de todo o público.  Carapuchiña vermella e o lobo fixéronlle comer as unllas a máis de un. O ogro dos Chibos chibóns provocou o enfado de moitos (como se atreve a querer comer aos nosos amigos!!??) e a guitarra de Jose puxo o punto rockeiro ao reparto dos marcapáxinas cos que nos agasallou Montse para que nos animemos a ser cada día máis e mellores lectores e lectoras. Moitísimas grazas por facernos pasar unha mañá tan divertida e por preparar con tanto agarimo a sorpresa do día do libro!! Sodes os mellores!!



venres, 11 de abril de 2014

INUKSHUKS E... VACACIÓNS!!


Hoxe foi o último día de cole do segundo trimestre e para celebrar que chegaban as vacacións de Pascua fixemos un obradoiro de cociña moi especial. Félix falounos dunhas esculturas de pedras que fan os seus amigos os inuits da zona canadiense do Ártico:  os INUKSHUKS. Pódense ver nos camiños nevados e cando atopas un é sinal de que vas polo bo camiño. A merenda de hoxe foron Inukshuks de cereais e galleta. Mirade que saborosos! E para rematar, xogos no patio ao soliño. Felices vacacións e vémonos á volta, o día 22, en Leiro, que é martes!










xoves, 10 de abril de 2014

OSO POLAR, ¿SABES POR QUÉ SE DESHIELA TU MUNDO?


Os científicos están preocupados porque cada ano a temperatura no Ártico aumenta e cada verán o xeo derrétese máis e máis. Os osos polares necesitan o xeo para sobrevivir, e tamén nós, xa que a Terra necesita o xeo do Ártico para manterse fresca.
¿Por qué se quenta a Terra? Hai demasiado dióxido de carbono na mestura de gases de efecto invernadoiro (xa comprobamos o martes pasado no invernadoiro de Leiro que calor facía dentro!!) que envolve a Terra e retén a calor do sol.
Robert E. Wells explícanos neste libro, que a profe trouxo da biblioteca de Vilagarcía, por qué chegamos a esta situación e qué podemos facer para non usar tanta electricidad e saber como mellorar o planeta coas nosas accións.
Na páxina da Editorial Juventud, podedes ver moitas das páxinas do libro. Tamén vos deixamos un poema que aprendimos sobre este tema: Que triste está el osito polar...






DE PASEO POLA NEVE NO POLO NORTE


Un medio de transporte que nos gusta moito e que xa coñecíamos grazas a Papá Noel, é a zorra. No Polo Norte empregan a zorra de cans para desprazarse e hoxe en día é un atractivo turístico máis para os que gustan de pasar o seu tempo de ocio no frío. Os inuits coidan moito dos seus cans, xa que son moi importantes no seu día a día para desprazarse.
No primeiro vídeo podedes ver os cans en acción e no segundo Caillou coñece de preto un can moi especial.







martes, 8 de abril de 2014

QUEN VIVE NO POLO NORTE?






Kipanik, o amigo de Félix no Polo Norte, aprendeunos algunhas cousiñas sobre os costumes do seu pobo: Os Inuits. E co libro Pequechos das terras polares, da Editorial Kalandraka, coñecimos as crías dalgún dos animais que viven no Polo.



sábado, 5 de abril de 2014

FACEMOS BOLAS DE NEVE


A semana pasada trouxemos da casa un bote pequeno de cristal e un bonequiño de plástico. Pintamos as tapas de cores, pegamos o bonequiño e agora toca agardar que seque o pegamento. 

Afiamos ceras brancas para facer a "neve" coas virutiñas, botámolas no bote, enchemos con auga e ao pechar coa tapa xa queda o bonequiño dentro da bola, en pleno Polo Norte. Brrrrrrr, que frío!!!





xoves, 3 de abril de 2014

PRIMAVERA ROCKEIRA

No cole cantámoslle o PRA PRE PRI á primavera. Pero ademais, coa profe Rosana estamos aprendendo unha canción da primavera rockeira, rockeira. Vivaldi saca a guitarra eléctrica!


PESCAR NO XEO

Como fan no Polo Norte para poder pescar? Con estes dous vídeo aprendimos que ferramentas empregan para facer un burato no xeo (" parece un taladro", "o un destornillador", "no, es como un sacacorchos!"...) e como sacan o xeo que queda aboiando ("iso téñoo eu na miña cociña", "iso é para botar o arroz",...). E despois comprobamos como pescaban!! Ata aplaudimos!!



No verán, os inuits empregan canoas chamadas "kayaks" para ir pescar. Troitas, percas... calquera peixiño é benvido.





VÍDEO DE FÉLIX NO POLO NORTE


Aínda que está en alemán, non tivemos ningunha dificultade en entender que lle ocurría a Félix. Comprobádeo e disfrutade desta nova aventura da lebre viaxeira nas terras de xeo.

mércores, 2 de abril de 2014

FOLERPAS DE NEVE


Hoxe visitounos Juanita con outra sorpresa: un artigo da revista XL Semanal que falaba das folerpas de neve. Ao principio non sabiamos exactamente que era o que saía nas fotos: cristais, diamantes, "topos" de neve, hielo, hielo congelado... Ler o artigo sacounos de dúbidas. As fotos eran de folerpas de neve feitas cunha cámara especial para ver as cousas pequenas moi grandes. Logo de observalas concluiron que non hai dúas folerpas de neve iguais. As folerpas, segundo o artigo, fórmanse pola conxelación dunha pinga de auga ao redor dunha mota de po ata formar un cristal. Xa no 1611 Kepler dixera que as folerpas de neve tiñan forma hexagonal e que todas eran diferentes. Na bolsa de Juanita viñan folerpas de papel que miramos con atención para despois facer cada un a nosa. Coma se de maxia se tratase, despois de dobrar e cortar o folio para conseguir un cadrado, a profe axudábanos a facer o pregado especial da folerpa, marcábamos as liñas onde había que recortar, recortábamos, abríamos e...aparecía unha folerpa!! Non saíu unha igual ca outra!! Debe ser certo iso de que cada unha é única!!