Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 19 de decembro de 2014

BO NADAL!!!

Hoxe celebramos en Leiro a festa de Nadal con xogos, actuacións, unha merenda saborosa á que nos convidaron os nenos e nenas de 4 anos e a visita do Apalpador, que veu recoller as nosas cartas e a repartir chocolates. O fin de festa púxoo a Escola de Música de Ribadumia coas súas panxoliñas. Desde o cole queremos desexarvos a todos unhas felices festas e un ano 2015 cheo de saúde e ledicia. Non esquezades ler durante as vacacións!! Vémonos á volta, o xoves 8 de xaneiro.





xoves, 18 de decembro de 2014

CUMPLE DE DECEMBRO


Lara fixo 5 este mes e hoxe, xunto con Carla e Paula, fixeron a torta de chocolate para convidarnos. Festa rachada antes da festa da Nadal de mañán en Leiro. Parabéns, mociñas!!





mércores, 17 de decembro de 2014

JUANITA E O PROBLEMA DA TALA


Juanita veu unha vez máis visitarnos e desta volta traía un debuxo. Fómolo pasando e mirando, primeiro sen dicir nada, só pensando cada un no que alí aparecía. Xa nunha segunda rolda, fomos dicindo que nos parecía que estaba pasando alí.

W: Que está cortando todos los árboles y queda un árbol y están todos los animales
N: Que están cortando los árboles y en un árbol están todos los animales. Y como corte ése, se quedan muertos
R: Que los animales tienen miedo de caerse
P: ¿Por que?
R: Porque si lo cortan, se caen
U: Hai moitas follas e animales. Están na Selva Amazónica. Está Félix
An: Están cortando todos los árboles y tienen miedo que corten este árbol, que es el último y se van a caer del último árbol y piensan que son hojas
O: Que cortaron todos los árboles y ese falta y le da miedo a esos animales
H: Hay tantos animales
P: ¿Cuáles hay?
H: Una cigüeña, un oso hormiguero, un jaguar, una serpiente, un flamenco, un tucán, un león, una oveja, un canguro, un erizo y un perezoso
L: Y una hiena, éste parece una hiena
H: Y un cocodrilo!
G: Que cortaron todos los árboles
P: Quen?
G: O señor
P: E como sabes que foi ese señor?
An: Porque tiene un hacha
G: Porque tiene animales
O: Porque tiene un hacha
An: Porque tiene un hacha, hombre! Y se van a hacer daño!
P: E que pasaría se agora ese home cortara esa árbore?
R: Que caían los animales y morían
D: E os collería
H: Y se "dieran" un golpe
R: Se mueren
O: Y también el médico
Lu: Lo cortan porque los que tienen una hacha lo cortan y los animales se tienen que ir al hospital de animales
R: Sí, él tiene que llevarlos por cortar los árboles, hala!
D: Van caer todos os animales e vanse facer seguro daño
R: Y una pupa
La: Poden rascarse aquí na espalda e poden morrer.
P: E agora como quedou este sitio?
An: Cortado de árboles
P: Vós sabedes canto tarda unha árbore en medrar así tanto coma esta?
La: No
An: Mucho. Cien días
R: Mil días
H: O catorce mil días
P: Vós algunha vez plantáchedes unha árbore?
Varios: Non, eu non.
Varios: Yo sí
An: Yo sí, yo tengo un árbol gigante con flores
U: Eu tamén
P: Pero plantáchelo ti?
An: Sí
P: Desde que era unha semente pequerrechiña?
An: Sí, le eché agua y creció y creció.
P: Para que unha árbore chegue ata aquí arriba fan falta moitos anos. Vai medrando pouco a pouco cada ano un chisco máis.
H: Y después los animales se suben
P: E canto tempo lle levou ao home cortar unha árbore?
H: Moito
An: Moito
Varios: Pouco!! Menos!
D: Pouco. Así, corta un poquito e despois...chaaaas, xa se corta
P: Logo estas árbores que lles levou tanto tempo medrar, chega este home e en cinco minutos córtaos todos. Esto que pensades que era antes?
R: Un bosque
D: Unha selva, como a selva do Amazonas
P: Como a selva do Amazonas. E os animais que necesitan?
H: Árboles
P: Para que?
R: Para poder vivir
P: E se lles cortan todas?
H: Non poden vivir
La: Non teñen onde vivir, nin onde comer, nin onde beber
P: Como están estes animais que hai subidos na árbore? Que cara teñen?
Varios: De malos
P: De malos?
Varios: Noon
- De tristes
- De mal humor
- De asustados
- De risa
- De serios
P: Como estariades vós se vos fosen tirar a vosa casa?
- Muy enfadados
- Con moito medo
- Llorando
- Muy tristes
- Eu escaparía cunha corda larga, larga, larga...
P: Imaxinádevos un perezoso que sempre está colgado das árbores. Se lle cortan todas, morre. Ou os animais que comen as follas das árbores. Se non hai árbores, morren de fame. Pois sabedes a min esta imaxe lémbroume un libro que trouxo Wences que fala dun problema moi grande que hai na Selva Amazónica. Queredes ver as fotos que veñen no libro de Wences?
Todos: Siii

Neste momento buscamos as imaxes que veñen no libro que trouxo Wences onde aparecen varios dos problemas que sufre a Selva Amazónica e lemos o texto. Problemas como o lume, a tala indiscriminada, a contaminación... van aparecendo xunto ás fotos.

Logo Juanita fainos unha proposta: con rotuladores e un chisco de maxia imos volver a facer medrar todas esas árbores que talou o home. Concienciados e decididos, as árbores voltaron a medrar ata o ceo. E o home e a súa machada foron "castigados" riscándoos cos rotus "para que nunca máis volten cortar as árbores, hala".



O APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA

Un novo conto de Xoán G. achéganos ao Apalpador e ás castañas máxicas para chegar á conclusión de que a maxia está na nosa imaxinación. E co libriño que fixemos do Apalpador levamos un agasallo moi especial: un calendario do 2015 coa nosa foto de Nadal e os puchos de Papá Noel. Feliz ano novo!!


GUÍA DE LECTURA: EMOCIÓNATE NO NADAL

Desde a biblioteca do CRA propoñémosvos unha guía de lectura para traballar as emocións. Papá Noel e os Reis non deberían esquecer engadir un libro nos seus agasallos!!



venres, 12 de decembro de 2014

O NOSO MUÍÑO NO CONCURSO ENVASARTE



Lembrades que hai un tempo vos dixemos que estabamos a construír algo cos envases de cartón do leite? Pois grazas á colaboración das familias do cole conseguimos os suficientes para facer un muíño no que podemos entrar a xogar do grande que é. A verdade é que aínda non está rematado porque queremos pintalo e poñelo máis bonito enchendo as paredes con adiviñas, poemas, refráns, cantigas... relacionadas cos muíños e as muiñadas. Pero xurdiu a oportunidade de participar no concurso ENVASARTE e había que subir a nosa "obra" á rede antes do 17 de decembro. E agora conseguir votos para poder optar aos premios. Nós continuaremos traballando no noso proxecto dos muíños. Se queredes mirar o noso muíño e votar (é gratuíto, só tedes que entrar no enlace, poñer o voso enderezo electrónico e despois entrar no voso correo e confirmar o voto), aquí vos deixamos o enlace:





mércores, 10 de decembro de 2014

ADOBÍOS DE NADAL

Andamos no cole a facer adobíos para poñer máis bonita a nosa aula polo Nadal. Canto nos gusta!






venres, 5 de decembro de 2014

mércores, 3 de decembro de 2014

LA VOZ DE GALICIA: SUPLEMENTO LA VOZ DE LA ESCUELA

O suplemento La Voz de la escuela, que podemos ler cada mércores na Voz de Galicia, trae hoxe dous artigos especialmente interesantes. Picade aquí para ler o suplemento completo.


Actividades coa prensa na casa



Fillos autónomos, nenos felices


E relacionado con este segundo artigo podemos ler o documento "Desarrollo de conductas responsables. De 3 a 12 años". Gobierno de Navarra. Departamento de Educación y Cultura. Como enseñar aos nosos fillos a aceptar as consecuencias do que fan, como axudalos a ser independentes ou a facer uso da súa liberdade de forma responsable son algúns dos temas que aborda este manual.

martes, 2 de decembro de 2014

CHEGA O APALPADOR


Os máis pequenos coñeceron hoxe ao Apalpador e o seu conto. A carta, con peticións de xoguetes de madeira para compartir no cole, xa está preparada. O día da festa de Nadal temos que darllas, a ver se vén visitarnos como cada ano!!




CULTURGAL E NADALARTE

Dúas propostas culturais interesantes para as vindeiras datas: CULTURGAL (no Pazo da Cultura de Pontevedra do 5 ao 7 de decembro) e NADALARTE (no Museo de Pontevedra. Nas vacacións de Nadal. Hai que reservar polo que se queredes asistir, facédeo canto antes) Picade nas imaxes e redireccionaranvos ao blog do CRA, onde poderedes ler a información completa.




mércores, 26 de novembro de 2014

ARMOUSE O BELÉN!


Un ano máis o Concello de Ribadumia convocounos a participar no Concurso de Postais de Nadal. Aquí vos deixamos as nosas obras de arte. 







martes, 25 de novembro de 2014

ARTURO Y CLEMENTINA




Hoxe, día internacional contra a violencia de xénero, limos na biblioteca de Leiro o conto Arturo y Clementina. Xa na cuberta do conto tivemos moito que comentar porque houbo alguén que dixo que había unha "chica", a das flores, e un "chico", o do reloxo. E logo as chicas non levan reloxo?, preguntou a profe. Pensamos, e moitas mamás e avoas si tiñan reloxo. E os chicos non levan flores? Falamos, e Toni concluiu que se lle gustaban, claro que podían.
Despois da lectura do conto, a profe preguntounos se nos gustara e dixemos que si. Pero ante a pregunta: E que vos pareceu Arturo?...
-Mal
-Moi mal
Por que?
-Porque lle berra a Clementina sempre
-E rise dela
-E ponlle moitas cousas atadas e non se pode mover
-E non lle deixa tocar a flauta
-Nin pintar
-Eso no se hace
E que fixo Clementina?
-Marchou

Pois si, Clementina marchou para poder vivir unha nova vida, unha vida libre e feliz. E nós fixemos un debuxo do conto e os nosos debuxos enchéronse de flautas e de pinturas de cores para que todas as Clementinas do mundo saiban que poden saír adiante se marchan e que unha nova vida estalles agardando.



Quedámonos tamén coa imaxe da Campaña da Cruz Vermella deste ano, que pretende concienciar á mocidade contra a violencia de xénero: Conecta os sentidos, non todo é amor. E cun número de teléfono: 016







NARIZ DE OURO






—Eduardiño vai xirar a cabeza! 
—Corpo a terra! –berraban os nenos 
mentres se agachaban.


O protagonista de Nariz de ouro é un neno moi serio ao que non lle chistaba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por suposto, na escola todos, todos lle chamaban Eduardiño e ademais ríanse do seu nariz.

Vivir cun nariz enorme polo que tes que pagar dous asentos no autobús non é nada sinxelo, pero Eduardo conta co apoio incondicional da súa nai que todas as noites lle le O patiño feo.

Como é un neno espelido, Eduardiño xa sabe que ao final do conto o pato se transforma en cisne. Pero, a quen lle importa non ser un cisne? Que hai de malo en ser un pato?




xoves, 20 de novembro de 2014

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Os dereitos dos nenos e nenas na nosa biblioteca



O 20 de novembro, xa desde hai 25 anos, celébrase o Día universal da infancia. Este curso centrámonos no dereito de todos os nenos e nenas a ter un nome. Un nome que nos di quen somos e que serve para que tamén os demais nos identifiquen. Un nome que nos puxeron ao nacer as nosas familias, que nos queren e se preocupan de que teñamos alimento, unha vivenda, xoguetes, de que vaiamos á escola... e  de que teñamos todas as nosas necesidades cubertas. Non debemos esquecer que hai moitos nenos e nenas que non teñen esta sorte e debemos aprender a valorar que nós si a temos.

Unha lenda da Selva Amazónica, a do paxaro Chicua, serviunos para saber a importancia de saber os nomes, neste caso o das aves que habitan na Selva Amazónica. Sabedes que os nenos e nenas da tribu dos ticuna sábenos todos?

 Artigo de LA VOZ DE GALICIA
Pica na foto para acceder ao artigo da Voz de Galicia





mércores, 19 de novembro de 2014

VIRA, VIRA, MOE, MOE COMO A PEDRA DO MUÍÑO...



E vaia se viramos! Xogando á roda con esta canción ao dicir "millo" había que sentar no chan. O que sentase de último tiña que saír da roda e sentar no medio (a ver se a profe fai unha foto para a seguinte vez, que desta esqueceuse). Despois collimos os cartóns de leite e comezamos a pensar como imos facer para construír o noso... xa o veredes!